



Mareas vivas foi unha serie da Televisión de Galicia creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote que se emitíu entre os anos 1998 e 2002. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectamente propia do galego da Costa da Morte. Gravouse principalmente en Laxe que na serie adoptou o nome ficticio de Portozás.
A serie viuse, xa sen éxito, en Telemadrid (9 episodios) e na EiTB.
Para moitos dos seus actores, Mareas vivas foi un trampolín cara a fama en Galicia e nalgúns casos propiciou o salto ó panorama nacional. O caso máis claro é o de Luís Tosar.
Xénero Drama, Comedia
Formato de imaxe 4:3
Duración 60 minutos por episodio
Creado por Antón Reixa
Dirixido por Antón Reixa (1998-1999) e Emilio Mac Gregor (2000-2002)
Desenvolvido por Miguel Aguiar, Ringo Rango e Zopilote
Producido por Voz Audiovisual
Intérpretes Luís Tosar, Isabel Blanco, Luís Zahera, Camila Bossa, Miguel de Lira, Ana Santos
Tema de apertura Mareas vivas interpretada por Mercedes Peón
País de orixe Galicia (España)
Emisión orixinal TVG
Tempo de emisión 11 de xaneiro de 1998 – 2002
Número de episodios 152
No hay comentarios:
Publicar un comentario